Composición Nº4
Desenvolvemento do movemento obreiro en España A xénese e o movemento obreiro , en tanto que a manifestación sindical do proletariado industrial, está estreitamente relacionado coa toma de conciencia de clase, cuns intereses de seu e , xa que logo, ten distintos dos que lle son propios á burguesía. A xénese do movemento obreiro tomou a forma de manifestacións espontáneas de rebeldía fronte ás duras condicións laborais ás que estaba sometida a clase traballadora ou contra o proceso de mecanización , que consideraban contrario aos seus intereses. A destrución en 1857 das máquinas da fábrica de tabacos de A Coruña polos propios traballadores ( cigarreiros ), feito ao que se lle fai referencia no ( Doc.1 ) , é unha das últimas mostras desa espontaneidade inicial do que podemos atopar numerosos precedentes, como os motíns de Alcoi de 1819 ou o incendio da fábrica de Bonaplata de Barcelona en 1835. Neste sentido , o ludismo que caracteriza o movemento inicial do movemento ...